EVENTOS

I Carrera Popular Carballo
Fecha del evento: 19.06.2011 00:00
Fecha límite inscripción: 12.06.2011 00:00
Documentación: Lista de inscritos

DESCRIPCIÓN


Regulamento
 
Art.1 A “I Carreira Popular Concello de Carballo” está  organizada polo Padroado Deportivo Municipal de Carballo.
 
Art.2 O Percorrido constará de varios circuítos HOMOLOGADOS pola FGA adaptándose a cada categoría e idade,
 
ALEVÍN  Nados/as en 2000 e 2001  1.600 mts.  10:00  h.
INFANTIL  Nados/as en 1998 e 1999  2.000 mts.  10:30  h.
CADETE  Nados/as en 1996 e 1997  3.000 mts.  11:00  h.
XUVENIL  Nados/as en 1994 e 1995  5.000 mts.  11:45  h.
SENIOR  Nados/as en 1993 e 1976  10.000 mts.  12:00  h.
VETERANOS  Antes de 1976  10.000 mts.  12:00  h.
 
Art.3 A saída darase o Domingo 19 de Xuño ás 10:00 a.m. desde o Concello de Carballo, (A Coruña), quedando a saída e a meta instalada no mesmo punto. O tempo máximo de duración da proba de 10km será de 1 hora e 20min.
 
Art.4 Todos os participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenvolve a proba.
 

Art. 5 Efectuaranse doce clasificacións independentes cos seus respectivos trofeos con arranxo ás seguintes categorías:

 
1º, 2º, 3º ALEVÍN masculino e 1º, 2º, 3º ALEVÍN feminino
1º, 2º, 3º INFANTIL masculino e 1º, 2º, 3º INFANTIL feminino
1º, 2º, 3º CADETE masculino e 1º, 2º, 3º CADETE feminino
1º, 2º, 3º XUVENIL masculino e 1º, 2º, 3º XUVENIL feminino
1º, 2º, 3º SENIOR masculino e 1º, 2º, 3º SENIOR feminino
1º, 2º, 3º VETERANS masculino e 1º, 2º, 3º VETERANS feminino
 
 
Art.6  Poderá participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade de acordo coas normas RFEA.
 
Art.7 Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar nos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparado polos seguros da proba.
 
Art.8 O percorrido estará debidamente sinalizado pola organización. Existirá 1 posto de avituallamento, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.
 
Art.9 Os servizos sanitarios e as ambulancias , coordinados polo equipo médico, estarán situados na zona de Saída/Meta, e pechando a carreira xunto co coche escoba. Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
 
Art.10 Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización e estarán debidamente sinalizados.
 
Art.11 Durante a proba levase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sen dobrar. A non observancia deste artigo será causa de descalificación.
 
Art.12 Os dorsais e o chip entregaranse o día da proba en horario de 9.00 a 11.00 h.. Facilitaranse dorsais e chips o día da carreira ata as 11:00h, é dicir, 1 hora antes do comezo da mesma. Para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio, presentar o D.N.I. ou pasaporte.
 
IMPORTANTE: Ao finalizar a proba é obrigatorio a entrega de chips nunha zona habilitada tras cruzar a liña de meta.
 
A carreira estará cronometrada electrónicamente por Magma Sports & Timing.
 
Na proba de Sénior e Veterans, só aparecerán na clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co chip que facilita a organización.
 
O chip entregado pola organización tense que devolver obrigatoriamente á mesma ao finalizar a carreira, así como no caso de retirada ou non participación na proba.  No caso de que non se devolva , o organizador cobrará 10 euros ao participante pola sua perdida ou non devolución.
 
Art.13 Descalificacións:

a) O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
b ) Todo atleta que non realice o percorrido completo.
c) Todo atleta que non leve visible o dorsal ou que dobre o mesmo.
d) O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a Organización á marxe do estipulado no artigo 8 do Regulamento.
 
Art.14 Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán reclamacións. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables.
 
Art.15 Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e en caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, acatarase o que dispoña o Comité Organizador.
 
Art.16 Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, e RFEA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Art.17 Outros servizos á disposición dos participantes:

*Duchas: No pavillón Municipal Vila de Noia en horario de 10:00 a 14:30 h.
*Avituallamiento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar meta.
*Agasallo: Camiseta conmemorativa
*Servizo de fisioterapia: Servizo de fisioterapia gratuíto a cargo do Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia.
*Entrega de Premios: A partir da 13:30 h. fronte ao Concello de Carballo.
 
Art.18 Inscricións

As inscricións poderanse realizar a partir do día 9 de Maio ata o 12 de Xuño por calquera dos seguintes procedementos:
 
Web: www.carballo.org o click aquí.
Teléfono: 981 702 109 (de luns a venres de 8:30 a 14:00 e de martes a xoves de 17:00 a 19:00)
Presencial: Nas Oficinas do Padroado Deportivo Municipal de Carballo, Vila de Corcubión s/n.
Datos: NOME, APELIDOS, DNI, CLUB ou Independiente, ANO NACEMENTO,TELEFONO.
A proba de Sénior e Veteranos, será cronometrada por chip Magma Sports & Timing e ha de ser colocado atado nos cordóns das zapatillas e ha de ser devolto ao finalizar a proba.
 

 

CONDICIONES


MAGMA SPORTS & TIMING
E-mail:info@magmasports.es