EVENTOS

XXIX Gran Prix Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja
Fecha del evento: 16.07.2016 19:00
Fecha límite inscripción: 16.07.2016 13:00
Organizador: A.D.C. Esteirana de Carrilanas
Modalidad: Carrilanas
Lugar: Esteiro, Muros
Documentación: Normativa

DESCRIPCIÓN


Alí estaban, na antiga discoteca de Esteiro, despois de unha xornada de traballo, taberneiros e clientes, amigos ao fin, protagonistas dunha conversa informal quen sabe si favorecida pola espontaeidade ea soltura que provocan unhas copas entre amigos.

"Benito do Ruso", "Javier do Areas", "Fornís", "Xaquín o Carocho", "Fojete" e seguro que algún que se nos esquece (pois os que escribimos, daquela algúns aínda non naceramos), tiñan claro que algo había que facer.

A festividade da nosa patroa Santa Mariña, celebraríase nese 1988 o luns 18 de Xullo e a idea estaba clara: Había que argallar algo para a fin de semana. Había que atraer a xente a Esteiro. Sen cartos e con inxenio. O reto era competir co poderío das pesetas que tiña a festa do Carme dos veciños. Que se podía facer? Parece ser que foron varias as propostas dos nosos personaxes: Estornela, un descenso en bañeiras polo río, carreira de trécolas, ata que sentenciaron.... ¡¡FAREMOS UNHA CARREIRA DE CARRILANAS!! Carrilanas? Quen é o que nunca xogou cun carriño de madeira?

Deciciron que un simple xoguete de nenos, e non tan nenos, un xogo popular transmitido de pais a fillos, sería o protagonista do primeiro GRAN PRIX DE CARRILANAS DE ESTEIRO.

Con esa idea, os nosos amigos abandonaron a discoteca co acordo de que ao día seguinte, pola tarde, se reuniran no local social da Esteirana para concretar detalles.... Deberon quedar a unha mala hora, porque a afluencia foi case baixa ou nula. Un chisquño máis tarde algúns deles volveron atopar no Alameda, que daquela rexentaba Benito do Ruso. 
- A ver que? moito falamos onte pero.... Facemos ou non o conto das carrilanas?
Non sabemos cal foi a resposta exacta pero Fidel (camareiro no Alameda), estilográfica en man e sobre o billar do bar dou vida ao que sería o que foi o primeiro cartel do primeiro Gran Prix de Carrilanas de Esteiro.
Cada bar tería a súa carrilana, ao igual que cada carpintería, aparecendo así as primeiras escuderías que competirían polo Maio abaixo divertíndose cos seus xoguetes da infancia, cos seus carriños, coas súas carrilanas.

Quizais era unha loucura pensar que unha carrilana, feita a machada, ás veces, podería competir con grandes fogos de artificio e as mellores orquestras de Galiza. Eles non pensaban niso, so quería divertirse e pasar un fin de semana de festa no seu pobo. A tradición popular, unido coa diversión, a festa e moito público, faría do primeiro Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, un evento ÚNICO e INIMITÁBEL.

A repercusión desta festa foi tal, que a día de hoxe podemos presentarlles o GRAN PREMIO DE CARRILANAS DE ESTEIRO 2016 . Durante estes anos visitaron en Esteiro miles de persoas para ver algo que só se fai no noso pobo. Carrilanas autenticamente tradicionais e de madeira que nos identifican alá por onde vamos. 

A día de hoxe, algúns aínda pensan que estamos un pouco tolos, pero nós, queremos agradecerlles aos nosos protagonistas e aos nosos amigos carrilaneiros que nos acompañaron nestes anos de xeito initerrumpido, a todos vós, MOITAS GRAZAS POR MANTER VIVA A NOSA FESTA...!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA LOUCURA!!!

CONDICIONES


Ver normativa en apartado Documentación....

LOCALIZACIÓN



Ver mapa completo
Escudería Apellidos Piloto Nombre Piloto Pago
* PASANTES TEAM AGEITOS PASANTES Jose Pagado
* TALLERES PACO VIMIANZO AMEIJEIRAS PASANTES Francisco javier Pagado
* BERMUDES BERMUDEZ NOGUEIRA Leopoldo Pagado
* BOUZAS BOUZAS TOREA Francisco Pagado
* GERENTE BOUZAS TOREA Sofía Pagado
* ESCUDERIA INFONET BREA CANDAMO Eduardo Pagado
* OS AMIGOS CERBÁN FIGUERAS Carlos Pagado
* CONSTRUCIOS JAVIER MOLINOS CREO NUÑEZ Jose maria Pagado
* BAR PALUCA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Vidal Pagado
* MUEBLES PRIEGUE GARCIA MAYO Alberto Pagado
* AS LOMBAS GARCÍA MAYO Carlos Pagado
* CACHI´S BOYS GOMEZ BREA Anxo Pagado
* BODEGAS MARQUES DE VIZHOJA HERNANDEZ ARES Carlos Pagado
* ROBERTO LAGO LAGO SENDON Jose manuel Pagado
* ARDELLO EIXO FERROLTERRA LUCES RAMA Manuel Pagado
* RODRIGO MAYO ROMARIS Pablo Pagado
* A BANDA DO FIO NEGRO PAZ TORRES Antonio Pagado
* OS MERDEIROS PIÑEIRO MARTINEZ Francisco Pagado
* CACHY´S BOYS PIÑEIRO SEOANE Francisco Pagado
* ESTEIRANA PORTLAS NOVAIS Vera Pagado
* O´CURRO SPORT PRIEGUE FERNÁNDEZ Santi Pagado
* ALMACENES ESTEIRO PRIEGUE MARTÍNEZ Jorge Pagado
* ELEVACIONES RAMA QUINTAS FREIRÍA David Pagado
* TALYS BOYS VARA Adrian Pagado

  Total: 24

MAGMA SPORTS & TIMING
E-mail:info@magmasports.es