NOTICIAS

09.03.2018
APLAZADA TRANSGALAICA AMES

ULTIMA HORA
COMUNICADO DA ORGANIZACIÓN DA PROBA TRANSGALAICA#2 AMES 2018

Bos días, a organización da proba "TRANSGALAICA#2 AMES 2018” decide en xuntanza de última hora APLAZAR para o 15 de abril de 2018 o evento deportivo. A decisión está tomada dende a CORDURA e a RESPONSABILIDADE que supon a organización de un evento de tal magnitude. Están decretadas alertas de risco importante e ante esa situación pouco se pode facer xa que a SEGURIDADE DOS PARTICIPANTES é o primeiro. O maior problema seguramente non sexa o domingo pola mañá, e ata poida facer unha mañá na que digamos, BOH non era para tanto, pero…e se pasa algo? Sabemos que estas decisións e mais a última hora non gustan a ninguén e menos a nos como ORGANIZADORES pero ante os temporales e as alertas non podemos seguir firmes. Outros eventos tamén serán aplazados e parécenos o máis acertado. Esperamos vervos o 15 de abril e que a festa siga sendo eso, unha festa. De facela non se podía montar nin podium, nin carpas, nin arcos de meta….NADA. Rogamos ENTENDEMENTO e ogallá o 15 de abril poidamos vervos en AMES.

O Director da proba.

MAGMA SPORTS & TIMING
E-mail:info@magmasports.es